O CD Burela FS Pescados Rubén felicita á selección española pola súa conquista do Campionato de Europa celebrado en Belgrado. A sétima Eurocopa chega ás vitrinas de España tras un brillante torneo no que os pupilos de José Venancio López demostraron ser os mellores e na gran final plasmaron todas as súas virtudes; calidade, compromiso, presión, dinamismo, estratexia,…para derrotar por un contundente 3-7 a Rusia. Ademais, a este título colectivo hai que sumarlle os individuais que foron tamén para internacionais españois como a bota de ouro para Miguelín e Mario Rivillos e a bota de prata para Alex Yepes.
O fútbol sala galego estivo representado no Europeo polo xogador o MoviStar Inter, Adrián Alonso Pereira “Pola” e por David González Piñón, membro do corpo técnico de José Venancio López como analista de vídeo. No palco do Arena Belgrado, a selección tamén contou co apoio do vicepresidente da Federación Galega de Fútbol Sala e do CD Burela FS Pescados Rubén, José Luis Sáez Castro, que mostrou a súa enorme “satisfacción pola reconquista da Eurocopa. Felicito á selección española polo gran éxito que supón este título continental que chega logo de superar innumerables contratempos e pon de manifesto a forza e carácter dun equipo que encheu de ledicia España e particularmente ao Fútbol Sala nacional”. O dirixente da FGFS tamén quixo agradecer o “excelente trato que recibín por parte da UEFA e a RFEF en todo momento”.





















“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
