Foz, 23 de febreiro de 2016.- O vindeiro 26 de febreiro, venres, entre as 13 e as 15 h, o Colexio Martínez Otero celebra a 15ª edición da Festa da Solidariedade. Esta festa pretende sensibilizar á comunidade educativa (pais e nais, alumnado e profesorado) sobre o problema da fame no mundo e recadar fondos para colaborar con proxectos que Mans Unidas ten abertos en diversos países do terceiro mundo.
Desde o día 15 de febreiro estase levando a cabo unha campaña de sensibilización:
– Tódolos días, lese por megafonía un pequeno texto relacionado co obxectivo da campaña, os proxectos que Mans Unidas ten abertos ou o proxecto concreto que apoiamos neste curso: “Promoción de hortas comunitarias na comunidade de Diogué,en Senegal” (baixo a dirección de mulleres das aldeas da zona)
– Nas sesións de titoría lectiva realízase o comentario sobre os textos escoitados e visionado e comentario posterior do vídeo: “Senegal, donde nadie llega”.
– Do 17 ao 24 de febreiro: venta de vales do “bocata solidario”.
O día 26 de febreiro celébrase, a modo de clausura desta campaña, A XVª FESTA DA SOLIDARIEDADE que consiste nas seguintes actividades que terán lugar entre as 13 e as 15 h.:
– 13 h a 14,00 h Preparación de todo o material necesario.
– 13,50 h.- Happening cooperativo a modo de bendición da “mesa”
– 14,00 h.- Reparto e consumición do “bocata solidario” que os membros da comunidade educativa que así o desexaron mercaron a razón de 3,5 €.
– 14,20 h..- Rifa solidaria: Cada bocadillo consumido da dereito a participar nunha rifa. Sortéanse uns 50 lotes de produtos doados por diferentes entidades, fundamentalmente editorias coas que o colexio traballa: Santillana, SM, Oxford.
– Ao longo de toda a mañá: Decoración multicor do lema “Contra a fame, sementa”
Na organización de toda esta actividade colaboran, de xeito voluntario, 20 alumnos/as de ESO.
Todo o recadado destinarase a colaborar con Mans Unidas a través da delegación da nosa diocese.