Lugo, 23 de febreiro de 2016.- O Pleno da Deputación aprobou por unanimidade a moción do grupo provincial socialista para esixir aos Gobernos de España e da Xunta de Galicia máis e mellores servizos ferroviarios para a provincia de Lugo.
O Deputado provincial, Pablo Rivera Capón, defendeu “a necesidade de reivindicar a modernización e extensión da rede ferroviaria na nosa provincia, xa que Lugo non conta cunhas infraestruturas nin cuns servizos comparables aos doutros territorios, non posúe trens e servizos competitivos, nin unha oferta comercial acorde coas necesidades dos viaxeiros”.
“Nestes últimos anos, o Ministerio de Fomento vén suprimindo diversas liñas por motivos económicos, e das que a nosa provincia sae moi mal parada. Isto provoca un efecto negativo, no que cada vez hai menos trens e menos servizos atractivos, o que produce que haxa menos usuarios”.
O Deputado explicou que Lugo é a única capital de provincia galega que quedou sen estación intermodal nos orzamentos de 2016 e que se descoñece que o Ministerio de Fomento teña feito xestión algunha para sacar adiante o seu proxecto propio, nin para traer o tren de alta velocidade, “tal como prometeu a Ministra en funcións e presumiu o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, que chegou a dicir que se o Ministerio non traía o AVE a Lugo traeríao el mesmo. Unha vez mais, mentía” sentenciou o Deputado.
Rivera Capón remarcou que “os lucenses non somos cidadáns de segunda; queremos ter autovía a Santiago e a Ourense; queremos circular con seguridade pola A8; temos dereito a ter unha intermodal; queremos o ave; e o que os lucense non queremos e ir a Coruña á recibir un tratamento contra o cancro, nin tardar máis de 3 horas en ir a Ferrol desde a nosa cidade”.
Plan de Obras e Servizos
13 Deputados votaron en contra de cuadriplicar os fondos que aporta a Deputación dentro do Plan de Obras e Servizos ás obras municipais. Isto produciuse logo de que o Grupo Provincial Socialista presentase unha emenda de substitución á totalidade á moción do Partido Popular, que tan só contemplaba multiplicar por 3 os fondos provinciais. É necesario destacar que esta proposta, xa fora trasladada polo Presidente á oposición nas Xuntas de Voceiros que mantiveron para a conformación do orzamento provincial do 2016. Así mesmo, na emenda socialista, tamén se contemplaba modificar a achega que fan os Concellos neste tipo de obras, para que pasara do 50% ao 25%, agás que os municipios decidan facer máis investimentos para acometer estas actuacións.
Vivenda digna
O Pleno da Deputación aprobou, co voto en contra do Partido Popular, instar ao Goberno Central, así como á Xunta de Galicia, a impulsar medidas para garantir o dereito á vivenda digna como ben social. Santos Ramos destacou que “é moi significativo que o Partido Popular recoñeza que que é preciso un gran pacto de estado neste tema, pero que despois vote en contra. Esta é a congruencia do PP”.
Protección do Galego
O Pleno acordou, grazas ao voto de calidade do Presidente, logo de que o Partido Popular votase e contra e o Deputado non adscrito decidira absterse; instar aos correspondentes órganos da Xunta de Galicia, do Goberno do Estado e do Poder Xudicial a dar os pasos necesarios para a creación dun xulgado específico de violencia sobre a muller en Lugo; e trasladar este acordo á Consellería de Presidencia, Administracións Publicas e Xustiza e ao Consello Xeral do Poder Xudicial.
Relación de Postos de Traballo
O Pleno da Deputación aprobou, coa abstención do Partido Popular, a modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal que presta o seu servizo na Deputación. Este acordo xa foi aprobado inicialmente no mes de abril do ano pasado e foi respaldado maioritariamente polos sindicatos na mesa xeral de negociación. Con este acordo, benefícianse de xeito directo un total de 331 traballadores, dos que 112 cobran menos de 24.000 euros anuais. Con este acordo, non se incrementa nin un só euro a partida de gastos de persoal, xa que a amortización de prazas innecesarias, fixo posible mellorar a situación dos traballadores que menos cobran.
















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



