Mondoñedo, 16 de febreiro de 2016.- O Concello de Mondoñedo vén de asinar un convenio de colaboración con Aseduc (Asociación Socioeducativa para a Educación) para o desenvolvemento de actividades sociais no ámbito do VIH. En concreto, no marco deste acordo promoverase o proxecto de loita contra o VIH/SIDA “Infórmate… perde o medo”, financiado pola Consellería de Sanidade.
O desenvolvemento deste proxecto de loita contra o VIH/SIDA inclúe, entre outras actividades, a realización de probas totalmente anónimas do VIH/SIDA nun local do Concello de xeito gratuíto e confidencial, así como varias sesións, talleres e charlas de grupo que terán lugar en centros educativos da cidade ao longo do ano.
No marco deste convenio que se establece para os anos 2016 e 2017 tamén se promoverán actividades de información na rúa con presenza en eventos festivos de Mondoñedo para informar dos riscos desta enfermidade. Do mesmo xeito habilítase o enderezo electrónico informateperdeomedo@gmail.com a través do que se resolveran dúbidas sobre a enfermidade de xeito totalmente confidencial. A mesma función desenvolverase a través da páxina de Facebook “Infórmate, perde o medo”.
Tal e como acordaron dous representantes da Asociación coa concelleira de Asuntos Sociais, Ángeles Rodríguez Rico, e co edil de Educación e Mocidade, Alberto García, para o desenvolvemento desta actividade social o Concello aportará a Aseduc todo o apoio material e humano que permitirá o correcto funcionamento das actividades. Neste senso, inclúese a cesión de locais, o apoio a difusión de actuacións, a colaboración en organización e coordinación das actividades e a colaboración dos servizos sociais da administración local.
A alcaldesa, a popular Elena Candia, pon en valor a aposta do Goberno local por sacar adiante actuacións sociais e de contribución coas persoas que sofren diversas problemáticas (sociais, médicas, laborais, etc.). O edil de Educación e Mocidade referiuse dun xeito concreto a que o principal obxectivo “será o de dar a coñecer os riscos dunha enfermidade que se cría superada pero que volve a repuntar, especialmente entre persoas homosexuais, pero que tamén está presente en individuos heterosexuais”.
Concretamente, segundo o informe VIH 2015, do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, a transmisión en HSH foi a máis frecuente, cun 53,9%, seguida da transmisión heterosexual, que supuxo un 26,0%, e a ocorrida en persoas que se inxectan drogas (PID), que sumou un 3,4% . Polo tanto, o 79,9% dos novos diagnósticos de VIH en 2014 tiveron a súa orixe na transmisión sexual. De xeito que, “segue a ser importante educar nos riscos desta enfermidade que non deben caer no esquecemento pola aparencia de ser unha enfermidade, da que afortunadamente, xa non se morre, pero da que debemos de seguir moi pendentes dende as administracións, especialmente para protexer á poboación nova”, asegura o edil de Educación.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



