O grupo de montaña do Club Marqués de Casariego organiza unha nova saída. O domingo 6 de marzo agardan desprazarse a Liñares de Bidul, Riodeporcos, Sena (Fonsagrada – Ibias) con saída ás 08.00 horas dende Tapia. “Comezaremos a caminar en Liñares de Bidul (800 m) para dirixirnos cara Riodeporcos atravesando hermosos bosques, seguindo o curso do regato do Navallo. Colleremos a pista que nos leva a Riodeporcos, lugar que so conta con dous accesos, un pola ponte colgante pola que accederemos e outro por unha pista para vehículos todoterreo dende Sena. Trala visita ao pobo seguiremos rumbo a Sena para comer alí: o menú na Taberna de Marta por un prezo de 15 euros ou de bocadillo nun local á parte que facilitan para tal fin. O prezo da inscrición é de 3 euros para os socios, 5 para os socios non colaboradores e 12 para non socios. Os interesados poden inscribirse a través do enderezo electrónico cdbmarquesdecasariego@gmtapia.es ou dos teléfonos 689 175 515, 659 000 707 ou 608 540 828.
O grupo de montaña de Tapia achégase a Riodeporcos
O grupo de montaña de Tapia achégase a Riodeporcos
Relacionado
-
A interiorista coruñesa Adriana Janeiro instalou recentemente o seu estudo en Ribadeo co obxectivo de atender a clientes de diferentes lugares de Galicia e Asturias
-
A Garda Civil imputa en calidade de investigados a dous condutores sen permiso de conducir no termo de Lourenzá
-
Este venres comeza unha nova edición da Ruta de Pinchos do Vicedo