Ribadeo, 4 de febreiro de 2016.- O restaurante A Dorada do Cantábrico, de Ribadeo, ofrece un menú de Carnaval desde este venres, organiza a súa tradicional Cea de Comadres este sábado e terá especial San Valentín os días 13 y 14.
O menú de Carnaval, que servirá desde este venres ata o 14 de febreiro, inclúe sopa ou caldo de grelos e cocido galego con cachucha, lacón, butelo, chourizos, garbanzos, grelos e patacas, además de filloas recheas, de sobremesa, e viño tinto mencía ou branco ribeiro. Todo por 20 euros persoa.
A xa tradicional Cea de Comadres de A Dorada será nesta ocasión este sábado, día 6, ás 22 horas e no menú hai paté de marisco, croquetas de xamón ibérico, zamburiñas á prancha, pescada en salsa verde, tenreira gobernada e amorodos con nata. Ademáis inclúe viño branco ribeiro e tinto rioxa, café e licores. Ao finalizar a cea haberá charla tuppersex. O prezo é de 25 euros por persoa.
E para celebrar o Día dos Namorados en A Dorada do Cantábrico haberá cea especial San Valentín os días 13 e 14, sábado e domingo. O menú está composto por paté de centolo, langostinos á prancha, medallón de rape en salsa americana, entrecot de tenreira e sobremesa especial San Valentín elaborado por Jonathan, da pastelería Cabo Busto. Tamén inclúe viños Ribeiro e Rioxa, cava, café e licores. O prezo é de 50 euros por parella.
A Dorada do Cantábrico está na rúa Virxe do Camiño, número 14, de Ribadeo, e as reservas poden facerse no propio restaurante ou chamando ao teléfono 982.129.608.