Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2016.- O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, aproveitou a sesión de control ao presidente para referirse á anulación xudicial do Plan Eólico e á anunciada retirada da Lei de Acuicultura. Sinalou que Feijóo rexistra, nos grandes temas estratéxicos para Galicia, “sete anos de nada, sete anos de baleiro, sete anos de discurso e sete anos de enganos”.
Méndez Romeu engadiu que, sete anos despois, “todas aquelas promesas súas ficaron en mentiras e os seus compromisos en fume”, para lembrar os 6.000 millóns de euros e os 13.000 empregos que se comprometeu a xerar co Plan Eólico. Finalmente, dixo, nin un posto de traballo, nin un euro de investimento, e ningunha instalación nova, pero si o seu aplauso cando Rajoy “liquidou as primas e comprometeu a viabilidade do sector”.
Logo de prometer “crecemento e seguridade”, apuntillou, “tivemos sete anos de erros políticos, chapuza técnica e fracaso económico”. Deixaron a un sector que era punteiro para Galicia na “parálise absoluta, a inseguridade xurídica extrema e o engano aos investidores” e aos cidadáns sufrindo “a frustración, as oportunidades perdidas e novos riscos legais con responsabilidade patrimonial”.
O portavoz socialista utilizou unha coñecida cita histórica atribuída ao presidente estadounidense Abraham Lincoln –podes enganar a algúns todo o tempo ou a moitos pouco tempo, pero non podes enganar a todos todo o tempo– para criticar a actuación de Feijóo tanto co sector eólico como coa acuicultura.
Logo de amosarse “hipercrítico” co plan de acuicultura do goberno presidido por Touriño, e de comprometerse a facer de Galicia unha rexión líder en Europa, dixo, “só puido ofrecer sete anos de papeis e declaracións”. Resumiu que “primeiro autorizou actuacións en lugares prohibidos pola normativa comunitaria, logo aprobaron unha estratexia de acuicultura baleira de contido e agora un proxecto de Lei unanimemente rexeitado”.
Sinalou ao anuncio de retirada do texto para clamar que “abonda de lexislar e promover actuacións en contra dos intereses da xente” e de esixirlle “intentar un mínimo de consenso cos sectores afectados”.
Engadiu que logo de non ter aprobado “nin un metro cadrado para novas explotacións agás a planta de Muros aprobada polo anterior goberno”, o goberno galego pretendía aprobar unha lei de acuicultura obviando ás bateas. Iso a pesares de que Galicia, sinalou, é unha potencia europea no cultivo de mexillón, dando traballo a 4.000 persoas e co 95 por cento da produción do Estado.
Diálogo
O portavoz socialista ironizou coa recente “conversión” do PP á “necesidade de diálogo”, logo de catro anos de maioría absoluta no Estado, de 7 anos de rolo parlamentario en Galicia e de que mesmo onte aprobaran a modificación da Lei do Solo antes de que entrara en vigor e desbotando a “mellora substancial” do texto proposta polos socialistas galegos.
Sinalou que os socialistas galegos “votamos a favor por responsabilidade con Vigo e sabendo que máis pronto que tarde haberá que introducir modificacións legais”. Concluíu que “os sectores produtivos necesitan garantías xurídicas e melloras, pero non leis que non piden e que son caixóns de sastre para tapar a parálise absoluta do seu goberno nos últimos sete anos.
Mesmo recolleu un editorial dun medio de comunicación galego que sinala que “practicamente todo o relevante na economía galega foi vendido ou sofre os estertores da agonía sen que os poderes públicos sexan quén de deter o declive”, en clara alusión ao presidente da Xunta, dixo.



















A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



