29 de febreiro de 2016.- O delegado comarcal da Asociación Galega de Apicultura, José Luis García, e o coordinador comarcal do Sindicato Labrego Galego, Antonio Villarino, van particiar no seminario “Afrontado retos para a supervivencia das abellas en Europa”, que vai ter lugar na sede de Bruxelas do Parlamento Europeu, o xoves día 2 de marzo.
Neste seminario, organizado pola Eurodiputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa Lídia Senra, vanse analizar as principais amenazas coas que se atopa a apicultura europeia neste momento, como é o emprego masivo de pesticidas neonicotinoides e a proliferación de pragas como a da vespa velutina.
A tal fin, cóntase coa participación de expertos de Galiza, Asturias, Euskal Herria, Franza e Bélxica, así como des responsábeis da Dirección Xeral de Agricultura e Desenvolvimento Rural e da Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europeia.