Preto dun cento de persoas están inscritas no Servizo de Guía Laboral da Deputación. Así o comunicou o voceiro provincial socialista, Álvaro Santos Ramos, que informou que hai máis de 85 persoas que solicitaron participar neste servizo, co que os traballadores da Área de Promoción Económica e Social ofrecen asesoramento especializado e gratuíto para afrontar con éxito un proceso de selección de traballo.
Destas 87 persoas, 45 pediron un asesoramento presencial, é dicir, nas dependencias do Pazo de San Marcos; e 42 telemático. Esta semana, xa se levaron a cabo varias entrevistas presenciais que continuará a vindeira. O tempo destas sesións é de entre 60 e 90 minutos”.
Máis emprego
A Xunta de Goberno aprobou resolver 3 novas empresas beneficiadas do Ben Empregado, que ofrecen outros tantos postos de traballado. Trátanse dun enxeñeiro de camiños para traballar en Lugo, un peón gandeiro para A Pobra do Brollón e un desarrollador web e maquetador de contidos didácticos online, tamén para a cidade de Lugo. O vindeiro luns, estes postos publicaranse na Bolsa de Emprego, abrindo un proceso de solicitude de 10 días. Santos Ramos destacou “o grande éxito desta ferramenta, que conta xa con 1.300 inscritos, o dobre que a semana pasada”.
Subministro de emulsión asfáltica
Na sesión acordouse iniciar o proceso de contratación de emulsión asfáltica para o Parque Móbil da Deputación. Este material será para o acondicionamento dos máis de 4.200 quilómetros da rede viaria provincial, a máis extensa de España, así como para o arranxo de estradas municipais. O prezo máximo deste prego é de case 250.000 euros. Santos Ramos adiantou que a Deputación está a traballar nun acordo marco para a contratación deste material, o que permitirá reducir gastos correntes.
“Para elo, abriremos un proceso de selección de empresas co fin de crear unha bolsa coas mesmas. Deste xeito, recorreremos a estas entidades á hora de contratar este servizo. Aforramos cartos porque fixaremos un prezo máximo e estableceremos criterios de selección, que afonden aínda máis neste aforro. Ademais, axilizaremos tamén os tramites administrativos da contratación”.
Transparencia
A Xunta de Goberno aprobou a adhesión da Deputación de Lugo á Plataforma de Contratación do Sector Público. Esta ferramenta electrónica permitirá dar maior publicidade a todos as fases dos procesos de contratación que poñamos en marcha, nun exercicio de afondar na transparencia da xestión pública. Ademais, manteremos o actual Perfil do Contratante, onde se poderá seguir consultando toda a información ao respecto dos procedementos de adxudicación.
“O teu esforzo ten premio en Lugo”
A Xunta resolveu 2 novos beneficiados das bolsas do programa do captación do talento coa USC, que leva por nome, “O teu esforzo ten premio en Lugo”. Deste xeito, custease a matrícula íntegra a mellores expedientes de BAC, FP e grao para estudar no Campus de Lugo. Polo de agora, son 27 mozos e mozas os beneficiados destas axudas, que se enmarcan dentro do plan de impulso da universidade luguesa.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



