Burela, 16 de febreiro de 2016.- O Burela Pescados Rubén e o Cidade As Burgas disputan unha das prazas na final da Copa Galicia 2016. Vista Alegre acolle de Copa, mércores 17 de febreiro, a partir das 20.30 hora.
O duelo entre burelistas e ourensás vislúmbrase moi competido e con pronóstico incerto xa que logo dun inicio titubeante o Cidade recuperou o seu nivel habitual. O conxunto dirixido por Iván Cao “Lucas” afronta a semifinal con “ambición de meternos na final e conscientes que estamos ante un rival perigoso ao que debemos presionar con con orden e intensidade. É un equipo que sabe aproveitar moi ben as súas cualidades e penalizar as concesións dos seus rivais. Son intensan e no apartado ofensivo teñen dúas referencias de calidade como son Iria e Vane”.
O Burela Pescados Rubén é o actual campión da Copa Galicia e o seu técnico confía plenamente en que o seu equipo “sexa capaz de amosar a súa mellor versión e dar este paso para disputar unha nova final”. Para este partido Lucas non poderá contar coas coñecidas baixas de Shio, Emma e Jozi nin tampouco con Gaby que se lesiounou no choque ligueiro ante o Alcorcón. A brasileira sufre un esguince de xeonllo.