O Colexio Martínez Otero de Foz acollía este venres unha charla sobre “A espeleoloxía como deporte e como exploración” impartida polo espeleobuceador asturiano Jesús Manteca, colaborador durante 11 anos de Al Filo de Lo Imposible. Tras expoñer ao alumnado da ESO aspectos xerais relacionados coa espeleoloxía, tamén se proxectaba un vídeo sobre a exploración na que está inmerso agora mesmo o relator, a do “Pozu los Covazos” na Serra do Sueve en Asturias, para rematar cunha quenda de preguntas. Foi unha actividade interesante que complementa aspectos relacionados coa Ed. física, a Xeografía e as Cencias Naturais – Xeoloxía que aparecen nos currículos dos diferentes cursos.





















O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



