Burela, 18 de febreiro de 2016. O alcalde, Alfredo Llano, reunirase o vindeiro martes, 23 de febreiro, co responsable do Consorcio Galego de Igualdade e de Benestar, Perfecto Rodríguez, para falar do presente e do futuro da nova gardería.
O rexedor contou que “temos que analizar as obras pendentes de execución e todo o relativo ao presente e ao futuro desta nova instalación. A nosa intención é poñela en marcha este ano, pero temos cousas que falar”.
Alfredo Llano acudirá á xuntanza en Santiago acompañado polo arquitecto municipal. O encontro está previsto para as 11 da mañá.
Lei do solo
O alcalde burelés viaxaba a Lugo este xoves para asistir á xornada informativa sobre a próxima entrada en vigor da nova Lei do Solo de Galicia. Alfredo Llano dixo que “unha vez que saia publicada no DOG teremos que estudala de xeito pormenorizado para saber de que maneira nos afecta”. O rexedor pensa que “terá moita repercusión nas zonas rurais de Galicia, a elas afectaralles mais”.