Lugo, 15 de febreiro de 2016.- “A dirección do Partido Popular de Lugo require unha gran dedicación se queremos loitar contra a desafección e desencanto que senten os cidadáns no seu conxunto e os nosos afiliados en particular coas institucións e coa política en xeral”.
Raquel Arias, candidata a dirixir o PP de Lugo, entende que hai que “evitar a acumulación de cargos” polo que avoga porque quen ocupe a presidencia do partido “concentre o seus esforzos nese labor” e, en consecuencia, compatibilice ese posto con un “único” cargo institucional. “Hai que fixar prioridades”, asegura.
Do mesmo xeito considera que os órganos de dirección teñen que contar con militantes de base e no só con cargos electos e institucionais.
Insiste a este respecto en que a pluralidade e a diversidade de voces no partido resultan obrigadas para recuperar a confianza e respaldo que fomos perdendo nos últimos tempos.
“O partido ten que ser un organismo vivo e en constante evolución”, e salienta que entre a militancia do Partido Popular de Lugo hai xente “con capacidade e actitude” para dar un paso adiante e asumir responsabilidades.
“Apostamos pola participación da militancia en todos os eidos da organización e funcionamento do partido. O punto de partida desta idea é darlle capacidade de decisión. Son os militantes os que deben elixir aos seus representantes en todos os niveis do organigrama do partido e a todos os efectos”, defende Raquel Arias.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



