Burela, 6 de febreiro de 2016.- O CD Burela FS Pescados Rubén regresa de terras barcelonesas con tres puntos máis para seguir na brecha do podio de Primeira RFEF logo de impoñerse por 1-4 fronte a Esportiu Rubí FS. O conxunto mariñán, con certos altibajixos, tivo que armarse de paciencia e esperar a pechar o encontro no último cuarto; tras o 0-1 de Peque ao descanso, sentenciaron a cita Gaby e Dany, esta última por partida dobre, a partir do minuto 30.
Non tardaron en ver a portería contraria as de Lucas, con disparo de Peque en parede con Dany, xa no minuto 4, nun encontro con dominio galego fronte a un rival anárquico en busca do contraataque. Con todo, co paso dos minutos, o Burela FS tivo que botar man da serenidade para non caer na precipitación ante o desacerto no último metro.
Regresaron á cancha as mariñás con 0-1 armándose de paciencia para ampliar a vantaxe. Rozando o ecuador da segunda parte, Gaby anotou o 0-2, tras saque de esquina, e incrementou as distancias Dany, en superioridade numérica tras a expulsión de Nona, no 36. A brasileira pechou o baile goleador das laranxas un minuto despois, ao culminar unha contra iniciada por Peque e asistida por Maite. Con xogo de cinco das galegas, as locais adornaron o marcador final a porta baleira no último minuto, nas zapatillas de Alicia.
Ficha técnica
Esportiu Rubí FS: Nerea, Ayala, Alba, Alicia, Bet, cinco inicial; tamén xogaron Nona, Domi, Mariona, Ainoa, Mariña, Tosti
CD Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Dany, Peque, Gaby, Bea Mateos, cinco inicial; tamén xogaron Claudia, Ceci, Lara, Maite, Andrea
Goles: 0-1, minuto 4, Peque; 0-2, minuto 30, Gaby; 0-3, minuto 36, Dany; 0-4, minuto 37, Dany; 1-4, minuto 39, Alicia
Árbitros: Óscar Núñez // David Más (Cataluña)
Tarxetas: Por Rubí dobre amarela a Nona (minuto 34). Por Burela amarela a Gaby (minuto 30), Jozi (minuto 33).



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
