Compostela, 26 febreiro 2016. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), instou este venres ás institucións da Unión Europea a que “se mollen” e “tomen conciencia” de que a praga da vespa velutina é un “problema europeo”, non só dun Estado ou dun país, xa que afecta a moitos deles, e débense poñer en marcha “medidas conxuntas xa para batallala”.
Así o asegurou Lídia Senra en Santiago de Compostela, onde ofreceu unha roda de prensa, acompañada por Xesús Asorey, Secretario Técnico da Asociación Galega de Apicultura (AGA), para presentar a xornada “Afrontando retos para a supervivencia das abellas en Europa”, que terá lugar no Parlamento Europeo o vindeiro 3 de marzo, co obxectivo de debater sobre a afección da vespa velutina e os efectos dos pesticidas neonicotinoides nas abellas e explorar a necesidade de deseñar novas políticas para preservar as abellas en Europa.
A eurodeputada galega enmarcou a proliferación da vespa velutina nas dinámicas que se están vivindo nos últimos anos en toda a UE, que inclúen a aparición de novas enfermidades e de novas pragas derivadas da globalización e do cambio climático. Neste sentido, defendeu a importancia de que a loita que están levando a cabo asociacións e apicultoras e apicultores en Galiza para facerlle fronte a esta praga chegue ao Parlamento Europeo. Senra destacou que na xornada do 3 de marzo en Bruxelas participarán asociacións “que están loitando case en solitario e de maneira heroica contra a vespa”.
Pola súa banda, Xesús Asorey, Secretario Xeral de AGA, asegurou que a praga da vespa velutina é o máis recente indicio da perigosidade na que se atopa a día de hoxe o medio. “Antes viñeron outras pragas e máis que virán”, dixo. Así, explicou como a partir do ano 1994, tras o inicio do uso dos chamados insecticidas sistémicos elaborados polas multinacionais agroquímicas, a taxa de mortalidade en Galiza das abellas pasou de estar en ao redor do 10% ao 30%.
“As abellas son observadoras do que acontece no medio, son a punta do iceberg, termómetros da saúde, e co seu comportamento estannos a dicir a situación de perigosidade na que nos atopamos”, xa que “nun medio enfermo non pode haber abellas sanas”. Así, nos últimos anos, ademais da praga da velutina asistimos a un cambio total dos ciclos de floración nas prantas. “Este ano en Galiza houbo zánganos todo o inverno, algo nunca visto e que atenta contra a bioloxía dos insectos”, derivado do cambio climático, denunciou, un “cambio que se acelerou tanto nos últimos cinco anos que de seguir así vai ser máis que alarmante”.
A solución para frear a circulación de pragas por todo o mundo pasaría, en opinión de Asorey, por “controlar a globalización e o uso de insecticidas tan daniños que están no mercado”. En efecto, xa hai informes médicos e científicos que aseguran que o uso dos insecticidas neonicotinoides están afectando á saúde das persoas. “Hai que ir directamente a unha prohibición deles e facelo xa, canto antes, sen agardar máis”, asegurou. Xesús Asorey apostou por defender unha alimentación saudable en toda a sociedade, valorizando os produtos dos abellas como beneficiosos. “Se a Unión Europea segue promovendo a agricultura intensiva con subvencións, non haberá maneira de frear este modelo, hai que cambiar as políticas”, dixo. Nos últimos anos, ao redor dun 30-40% dos polinizadores desapareceron e a biodiversidade está diminuindo a marchas aceleradas.
Desde AGA, vendo que “as Administracións non poñían o mono de traballo”, decidiron poñer en marcha todo un programa para loitar contra a vespa velutina. Baseándose na experiencia de Francia, decidiuse apostar en Galiza por activar un plan para capturar as abellas raíñas fundadoras cando están invernando, xa que cada raíña que se capture será un niño que se evite de cara ao verán. Así, en colaboración cuns 300 apicultores e apicultoras de toda Galiza, esta primavera colocaranse unhas 3.000 trampas na zona costeira galega para as abellas raíñas velutinas.
Será en 171 concellos galegos afectados e os datos deste plan serán comunicados á Universidade de Vigo para poder estudar a súa repercusión. O obxectivo é capturar 30.000 raíñas, co fin de artellar un plan de choque que tería efectos inmediatos na praga actual. Pola súa banda, a Universidade de Vigo investigará novas trampas e produtos atraentes que xa hai no mercado e que se poden fabricar a nivel caseiro para frear a proliferación da velutina.
Desde AGA esíxenlle á UE que se poña a investigar xa esta praga que afecta a toda a cornixa cantábrica, Portugal, Francia e Sur de Inglaterra e que seguirá expandíndose. “A Unión Europea ten que poñerse a traballar e ser un centro de referencia na loita contra a velutina”, exclamou Asorey, xa que “se non hai maior investigación, non poderemos combater este problema”.
Igualmente, Asorey tamén lle pediu á Unión Europea que se activen indemnizacións. “En toda a Galiza costeira, sobre todo na Mariña lucense, hai apicultoras e apicultores que quedaron case sen abellas. Débense dar axudas por estas perdas e para poder trasladar colmeas e comezar de novo. Para iso, a UE ten que declarar a vespa velutina praga”, reclamou.
Asorey aproveitou tamén para denunciar a descoordinación que neste tema hai non só a nivel da Unión Europea senón tamén a nivel galego. “A Xunta de Galiza ten que poñerse á fronte e coordinar un plan de choque efectivo”, zanxou.

















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



