Venres, 4 de marzo do 2016.- O Vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, aproveitou a habitual rolda de prensa posterior á Xunta de goberno do ente provincial para expoñer o contido da Declaración Institucional aprobada polo 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.
Así mesmo, aproveitou para recordar a actividade que desde a Área de Cultura da Deputación de Lugo se ten posto en marcha, e na cal haberá este sábado 5 de marzo, a partir das 19 horas no Salón de Actos da Deputación, a proxección da película “Paulina” cun coloquio posterior que moderará Branca Rodriguez Pazos.
Veiga lembrou tamén a actividade encol do 24 de febreiro, Día de Rosalía, cuxa programación continua co concertó de solo voces, este venres 4 de marzo ás 20.00 horas, e o sábado 5 co obradoiro “Ilustrando a Rosalía”, ambas actividades na Capela de San Marcos. Nesta liña, o mércores 9 de marzo de 17.30 a 19.30 horas, haberá tamén o obradoiro “A lanterna máxica Rosaliana”, na Sala de Exposicións da Deputación. Concluirá a programación o venres 18 de marzo, cun concerto acústico na Capela de Santa María a cargo de SÉS.
O Vicepresidente da Deputación referiuse tamén á programación co Congreso de Xénero, Museos, Arte e Educación, que a Área de Cultura da Deputación ten posto en marcha desde a Rede Museística, e que continuará nas vindeiras semanas os días 8, 9, 11 e 12 de marzo. Para máis información http://redemuseisticalugo.org/.






















A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



