Ribadeo, 4 de marzo 2016. O Concello sigue coas xestións para tramitar o Plan de Conservación da praia das Catedrais. O alcalde, Fernando Suárez, acompañado da primeira tenente de alcalde, Ana Martínez, do arquitecto municipal e de dous técnicos da empresa redactora, mantivo un encontro este venres en Santiago coa conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato.
O rexedor declarou que “continuando con esta rolda de contactos que vimos mantendo desde hai tempo a empresa redactora, que está elaborando o Plan Especial de Protección da praia das Catedrais, cos diferentes departamentos das administracións autonómicas e estatais (Adif, Deputación, Xunta, Medio Ambiente, Patrimonio, Urbanismo,etc…), mantivemos hoxe unha xuntanza máis coa conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato. Nela os técnicos da empresa redactora lle expuxeron cales están sendo as liñas nas que estamos traballando en todos estes meses dunha maneira discreta e silenciosa para ir avanzando no proxecto, que canto antes poida ser sacaremos a información pública para explicarllo a todo o mundo e para que se poidan presentar alegacións e coa aprobación inicial, tal e como marca a normativa”. Suárez Barcia engade que “ao mesmo tempo estivemos valorando esta especie de réxime transitorio no que teremos que estar traballando as dúas partes para que a cidadanía e os visitantes, para que Ribadeo en definitiva e A Mariña se beneficien de toda esta marabilla que temos coas Catedrais e todo este potencial turístico e económico que supón para Ribadeo”.
O alcalde ribadense sinalou: “trátase de, que en tanto o Plan Especial que estamos en tramitación non estea aprobado definitivamente, organizar todo este tempo que seguramente xa empece coa Semana Santa e con este verán. A nosa misión, por parte do Concello de Ribadeo, sempre foi a de colaboración e intentar que os flocos e as rozaduras que puidera haber intentar matizalas polo ben de todos e singularmente polo ben da propia conservación deste monumento natural e ao mesmo tempo polo ben da economía local, da hostalería, da restauración, dos hoteis, do turismo en xeral e do movemento económico que iso provoca para Ribadeo”.
Suárez Barcia saíu satisfeito do encontro mantido este venres en Compostela con Beatriz Mato.



















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



