Bruxelas, 03 Marzo 2015. A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda, Lídia Senra, deu comezo este xoves á xornada Afrontando retos para a supervivencia das abellas en Europa lembrando que “o sector leva denunciando a problemática da desaparición das abellas dende fai moitos anos”. Senra destacou tamén “o efecto do cambio climático e da globalización” como dous dos condicionantes que están a favorecer o desprazamento de especies foráneas cara outras latitudes, como acontece no caso da vespa asiática. “Tanto a apicultura, como a agricultura e o medioambiente estanse vendo fortemente afectados por este problema; un problema que non é sectorial, senón de toda a sociedade”, por iso un dos obxectivos desta xornada é “facer unha chamada de atención ao Parlamento Europeo e á Comisión sobre a grave problemática que estamos enfrontando”.
Durante a primeira parte da xornada, centrada nos plans de loita contra a vespa velutina, Gilles Lanio, Presidente do Sindicato de Apicultores de Morbihan e da Union Nationale de l’Apiculture Française (UNAF), aportou claves sobre as características da expansión da vespa velutina “as primeiras larvas son moi pequenas, pero ao final de cada ciclo pódense dar centos de raíñas”, tamén destacou que é unha especie depredadora non só das abellas, senón doutro tipo de polinizadores, “no rural depredan un 60% dos insectos e 40% abellas, en tanto que nas vilas é ao revés”. Tamén teñen unha predilección polas plantas asiáticas, polo que “é importante identificalas para ubicar aí as trampas para as raíñas nai”, tamén lles gustan as ameixeiras e os plataneiros. Os apicultores/as franceses, dos primeiros de Europa en identificar a presenza da vespa velutina fai máis de dez anos recibiron moitas críticas polas campañas que levaron adiante, fartos xa da inoperancia da Administración francesa. “O 2014 foi unha auténtica catástrofe porque seguimos las instrucións que nos deron dende as institucións, pero no 2015, cos nosos plans, conseguimos facela recuar por primeira vez”. Lanio aconsellou que dende o verán “hai que evitar poñer demasiadas trampas nas colmeas, porque van vir moitas vespas asiáticas, pero non raíñas, senón obreiras, e pode supor problemas para a colmea”. Tamén resaltou que hai que poñer trampas “nos lugares onde antes se puxo alimento para elas”. Logo alertou de que hai trampas que se poden introducir nas colmeas, “pero non dan bon resultado porque estresa moito ás abellas, que poden deixar de criar, polo que non se deben colocar as trampas nas colmeas”.
Seguidamente, Sandra Rojas, Doutora en Bioloxía na Universidade de Vigo e unha das coordenadoras do plan contra a vespa velutina posto en marcha por AGA, achegou as claves deste Plan de estudo e monitoreo das medidas de control do avispón asiático invasor. Rojas, que resaltou que a polinización mediada por animais é “un proceso esencial para o mantemento da biodiversidade, o funcionamiento dos ecosistemas e o benestar humán” e que máis do 80% dos cultivos europeos dependen desta polinización, advertiu de que os animais polinizadores “están a afrontar globalmente unha crise causada polo cambio climático, a alteración da paisaxe, a intensificación agrícola, o propagamento de axentes patóxenos e, en especial, a presión de especies invasoras; (…) a vespa velutina constitúe o primeiro caso exitoso dunha invasión de véspidos en Europa”. E é que esta vespa acadou en apenas dez anos os Estados español, francés, portugués, belga, italiano e alemán e, “dacordo con modelos predictivos”, especificou Rojas, “a invasión pode alcanzar á maioría de países europeos”. Na Galiza, concretou, “os primeiros rexistros son de 2012 e xa ten colonizadas todas as áreas costeiras”. De entre todos os impactos negativos da presenza desta especie invasora, Sandra Rojas destacou como o máis forte aquel que se relaciona co seu comportamento como depredador de insectos como abellas, bolboretas e outros polinizadores.
A continuación, Carlos Peña Gómez, da asociación vasca BAMEPE destacou que “percíbese claramente un descenso do número de vespas e abellas”. Peña destacou que é importante que non centremos este problema nos apicultores e apicultoras, “porque os danos non son só para a apicultura, este é un problema de toda a sociedade”, repetiu, polo que “as actuacións deberían estar sendo lideradas polas administracións, téñense que implicar, non podemos ser só o sector apicultor”. Asemade, reiterou que o camiño ten que ser colectivo e coordenado, “alédome de que pouco a pouco nos vaiamos informando e poñendo esforzos en común”.
Dende Asturias, Carlos Marín Barcaiztegui, da Federación de Apicultores de Asturias (FAPI) foi o encarregado en pechar este primeiro panel da mañá. Situou que Asturias foi a última comunidade costeira en atoparse a velutina, “houbo un momento en que estabamos cercados polos extremos, dun lado Galiza, doutro lado Cantabria”. Barcaiztegui lamentou que o sistema de confirmación de casos de vespa velutina “moitas veces pódese demorar mesmo durante meses”, polo que moitos apicultores e apicultoras “non poden solicitar que se ubiquen trampas para a vespa velutina debido a esta demora por parte da Administración. Nalgunhas ocasións “até teñen desaparecido solicitudes de trampeo”. Ademais solicítanlle un inventario de insectos que “caen nas trampas”, “pero para os apicultores é complicado, por falta de coñecemento e tempo, e ademais cremos que o que se busca é compilar datos para a Administración de xeito gratuíto”. Dende a FAPI tamén se mencionou que no ano 2011 o propio Parlamento Europeo presentou un informe sobre a problemática da vespa velutina.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



