Un ano máis, o Concello de Taramundi, organiza a Taramundi BTT, onde os participantes poden competir no Campionato de Asturias XC Maratón ou na Marcha Cicloturista. A proba terá lugar o domingo 29 de maio ás 09.30 horas cun percorrido circular de 54 km.
Percorrido
O circuíto circular de 54 km, con saída e chegada á vila de Taramundi, atravesa algunha das poboacións mais representativas deste concello asturiano -Abraído, Bres, Santamarina, Veigas, Turía, Esquíos ou Mazonovo- utilizando camiños rurais, pistas forestais e rutas de sendeirismo que achegan ao participante a unha contorna natural inigualable. O punto máis alto deste percorrido alcánzase ascendendo ao alto de Busnovo cunha altitude de 759 metros. Os puntos de avituallamento estarán situados no Teixo e nas Veigas.
O prazo de inscrición pechase o mércores 25 de maio. As persoas que formalicen inscrición antes do 15 de abril, obterán un importante desconto, xa que o importe a pagar será de 20 euros tanto para a proba competitiva como para a marcha cicloturista. A partir do 15 de abril o prezo da inscrición será o mesmo que en anos anteriores, 25 euros. Ademais, algúns establecementos de hostalería e recursos turísticos de Taramudi, ofertarán descontos no prezo do aloxamento e no prezo das visitas a museos para os participantes na probas e os seus acompañantes.
Poderán inscribirse no Campionato de Asturias XC Maratón todos aqueles deportistas con licenza en vigor e categorías a partir de sub 23. Paralelamente a esta proba celebrarase unha Marcha Cicloturista para afeccionados, con saída 09.35 horas. Poderán participar maiores de 18 anos. Nste caso, se non se dispón de licenza de ciclismo en vigor será necesario solicitar licenza dun día.