A Mariña, 18 de marzo de 2016.- O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano, entrevistábase este venres en Lugo co Xefe da Unidade de Estradas da Provincia en Lugo, Héctor Presas, para plantexarlle a necesidade de adoptar medidas que eviten a invasión de animais salvaxes na A-8.
Alfredo Llano subliñou que “estivemos falando de cómo solucionar ese problema, o do paso de animais salvaxes pola A-8, que é relativamente frecuente. Estamos de acordo en que ese problema xa debera ser solucionado cando se construíu a autovía”
O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña sinalou que “o primeiro que se vai procurar facer é reforzar o valado que vai paralelo á A-8 naqueles puntos que se vexa que son máis críticos e estatisticamente máis preocupantes, e procurar que os animais salvaxes se desvíen a pasos naturais sen ter que atravesar a autovía, pero iso non é unha cuestión de Fomento senón de Medio Ambiente ou de quen corresponda. A intencionalidade é clara, hai que procurar evitar este tipo de accidentes”.
Llano referiuse tamén á estrada N-642: “estivemos falando tamén da N-642, que é a arteria principal da Mariña en cuestión de tráfico. Dicir, por exemplo, que nun mes normal como pode ser este de marzo ven tendo unha densidade de tráfico de case nove mil vehículos diarios e nos meses de xullo e agosto está próximos aos doce mil vehículos diarios. Tamén estamos de acordo en que hai que ter a vía ben preparada. Nos últimos cinco anos case non se fixo nada do mantemento necesario que tiña que haber e agora xuntouse todo e están facendo obra procurando amañar aquilo que non se fixo. Parece ser que xa hai un proxecto de mellora do asfaltado durante todo o seu percorrido ata O Vicedo e estase procurando executalo por tramos”.
O presidente da Mancomunidade manifestou que “tamén me interesei pola construción da autovía que vai desde Barreiros a San Cibrao e dixéronme que está agora mesmo avanzado o proxecto de Barreiros a Foz e evidentemente iso solucionaría un pouco todos os problemas que estamos tendo polo tráfico masivo na N-642. É unha boa noticia pensar que xa se está facendo ese proxecto no tramo de Barreiros a Foz, que sería o primeiro treito, e loxicamente cando se chegue a San Cibrao seguir ca vía de alta capacidade, que é unha responsabilidade da Xunta e tamén debe seguir con ela. Contábamos que houbese xa orzamento para facela, estanse dando os pasos rápidos a ver tamén como vai quedando o goberno do Estado e si se apura porque é un proxecto vital para a nosa comarca”.
Alfredo Llano indicou que “outro dos asuntos que lle comentei a Héctor Presas foi a necesidade de mellorar a sinalización do concello de Burela que ten carteis moi pequenos e en desuso e non informan ben na N-642, o que ocasiona que algunhas veces a xente se perde e non chegue a Burela. Quedamos en que se van colocar carteis de indicadores de distancia previos ao desvío cara a Burela, tanto vindo de Foz como de Viveiro”.
Llano concluíu que “a conversa de hoxe penso que foi moi positiva e tamén aprendín moitas cousas e polo tanto vou satisfeito. Imos agardar agora a ver qué sucede, pero polo menos vemos que hai intencionalidade clara de resolver os problemas da Mariña en cuestión de tráfico”.





















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



