Burela, 31 de marzo de 2016.- O CD Burela FS Pescados Rubén recibirá o vindeiro mércores, 6 de abril, a selección de Guatemala, dirixida polo ex–adestrador do antigo Lobelle e do Palma Futsal Tomás de Dios, para disputar un amigable no que se habilitará unha Fila 0 a favor da Asociación Camiña e a Fundación Eu Son de Burela. Vista Alegre abrirá as súas portas para gozar da cita a partir das 20.30 horas, con donativo de 2 euros como entrada. Esta tarde, o presidente do club laranxa, Manuel Blanco, recibiu na sede burelista á directora de Eu Son, Noelia Eijo, e o presidente de Camiña, Silvino Oroza, para presentar a cita benéfica.
Aquelas persoas que non poidan asistir tamén poderán colaborar cos colectivos facendo as súas achegas en:
Asociación Camiña: ES90-2080-0109-16-3000085332 (Abanca)
Fundación Eu Son: ES77-2091-0109-83-3040018867 (Abanca)
Semana intensa para os suramericanos
O enfrontamento co equipo Daniel Ibañes será o cuarto da Selección de Guatemala na súa xira en Galicia que arranca este domingo en Noia. O luns medirase ao Santiago Futsal e o martes ao Cidade de Narón; tras a súa visita á Mariña o xoves enfrontarase ao Leis Pontevedra.