Burela, 1 de marzo 2016. Este venres, día 4, representarase en Burela a obra Amigos ata a norte, de Javier Veiga. Os que se acheguen ata a Casa da Cultura poderán disfrutar do traballo de David Amor, Ledicia Sola e de Touriñán.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, asegurou que “esta obra está recorriendo Galicia con una taquilla tremenda llenando prácticamente todos los teatros en los que están”. O edil socialista salientou que “están como intérpretes David Amor, Ledicia Sola y Touriñán. El director es Javier Veiga, que es otra persona muy conocida del mundo del espectáculo aquí en Galicia y también a nivel nacional que estuvo presentando El Club de la Comedia. Díaz sinalou que Amigos ata a Morte es una obra de teatro buenísima con una puesta en escena excelente, solo el montaje del escenario creo que les va a llevar unas cuatro horas y la interpretación de ellos creo que es brillantísima, basta con leer las críticas”.
O concelleiro de Cultura anima “a la gente que tenga interés en ir que se acerque a recoger sus entradas para asegurarse sitio ese día”. As entradas están á venda ao prezo de 16 euros en patio de butacas e 14 en anfiteatro 1 en anticipada. Poden adquirirse na Biblioteca ou na Casa da Xuventude.
Don Quixote, unha comedia gastronómica
O Concello de Burela continuará coa súa programación deste mes de marzo coa posta en escena o sábado, día 5, da obra Don Quixote, unha comedia gastronómica.
José Díaz indicou que “es una obra de muchísima calidad, por ejemplo en la Semana de Teatro Clásico de Lugo, que es también en estas fechas, entre las obras que tienen una de ellas es esta”. O concelleiro de Cultura engadiu que “lo traemos a través de AGADIC subvencionado la mitad por el Concello y la entrada son 2´5 euros”. O edil burelés salientou que “está enfocado al público familiar con un solo actor en escena que prepara un potaje a la vez que va contando la historia de Don Quijote e incluso al final ofrece ese potaje que prepara a los niños”.
O Concello de Burela completa a súa programación cultural para este fin de semana o domingo, 6 de marzo, cunha nova sesión de Burela de Cine ás 20.00 horas na Casa da Cultura. A sesión estará dedicada ao cine de acción.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



