Lugo, 3 de marzo de 2016.- O Presidente, Darío Campos Conde, avanzou este xoves a súa proposta de investimento en servizos sociais para este ano e destacou que “queremos incrementar esta partida máis do dobre” con respecto ao 2015. Campos Conde, que subliñou que “este aumento que podemos facer é froito da débeda de cero euros que conseguimos na Deputación”, fixo estas declaracións hoxe tras manter sendos encontros con ASPNAIS e ALUME.
O titular provincial subliñou que o Goberno Provincial está disposto a duplicar os fondos para as Axudas ao Fogar, achegando 1,5 millóns de euros este ano, cando no 2015 se destinaron 700.000 euros; así como os de Teleasistencia, cunha nova partida de 340.000 euros, que superan os 150.000 que se investiron na pasada anualidade.
O Presidente remarcou que a este investimento, que suma preto de 1,9 millóns de euros e que son máis do dobre de fondos que no 2015, engádense ás axudas directas que se conceden a colectivos sociais, e que este ano, segundo a proposta do equipo de goberno, ascenderán aos 330.000 euros. É o caso de ASPNAIS ou ALUME, entre outros moitos colectivos sociais.
“Os fondos para servizos sociais será aínda maior, pois queremos incrementar as actividades en impulso da autonomía dos maiores, que levamos a cabo dende o InLugo, e para as que temos unha partida de 175.000 euros”, engadiu.
50º aniversario de ASPNAIS
Campos Conde, acompañado do Deputado de Promoción Económica e Social, Álvaro Santos, e da Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, entre outras autoridades, fixeron esta mañá unha visita ás instalacións de ASPNAIS. Trátase dunha actividade de portas abertas que dito colectivo organiza con motivo do seu 50 aniversario.
A Deputación mantén unha estreita relación de colaboración con ASPNAIS, pois, xunto ás axudas económicas de case 70.000 euros das pasadas anualidades para contribuír á súa actividade, tamén lle cedeu gratis ás instalacións provinciais do antigo hospital San José. Isto permitirá a este colectivo duplicar as súas prestacións. Hai que ter en conta que, actualmente, ASPNAIS atende a 137 persoas en 22 Concellos da provincia, e dá traballo a 49 persoas.
ALUME
Campos Conde e Álvaro Santos tamén mantiveron un encontro con membros de ALUME, colectivo ao que a Deputación vén de concederlle unha axuda de 8.000 euros a adquisición dun vehículo para o seu servizo de transporte. Nos últimos anos, o organismo provincial contribuíu á actividade de ALUME con outros 80.000 euros, que se achegaron a obradoiros de emprego, formación prelaboral, arranxo e acondicionamento de locais ou adquisición de equipamentos para as súas instalacións.
ALUME naceu no ano 1995 por parte de varios familiares de persoas con enfermidade mental e profesionais da Saúde mental de Lugo coa intención de sensibilizar á sociedade sobre os problemas e as necesidades do colectivo e as súas familias. Na actualidade, xestiona dous centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral, un en Lugo e outro en Guitiriz, conta con catro pisos protexidos e realiza asistencia de mediación comunitaria e familiar e traballo directo coa persoa afectada. Tamén puxeron en marcha unha Escola de Familias, creando un espazo para a información, o asesoramento e o diálogo; desenvolven dous programas na que realizan atención psicoloxica na prisión de Monterroso e Bonxe, e axudan a persoas con enfermidade mental sen fogar.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



