Burela, 4 de marzo de 2016.- O Burela FS Pescados Rubén xa está en terras andaluzas para disputar a 23ª xornada de Primeira LNFS, última parada ligueira antes da Copa de España Guadalaxara 2016 (10-13 de marzo). E farao medíndose actual campión do título copeiro, Jaén Paraíso Interior, que logo de dar a gran sorpresa o ano pasado nesta ocasión non estará entre os oitos mellores para volver gozar do espectáculo.
Desde a oitava praza (27 puntos), os pupilos laranxas buscarán regresar a Galicia cun triunfo que lles dará moral para inaugurar a cita de Guadalajara fronte a Catgas E. Santa Coloma (xoves 10, 19.00 horas, Teledeporte) cun rival que non o está pasando ben. Os de Dani Rodríguez esperarán en La Salobreja tamén con ganas de puntos para afastarse do fondo da táboa; ocupan a décimo terceira posición, con 17 puntos,
Á convocatoria de Daniel Ibañes reincorpórase Iago Míguez logo de recuperarse dunha escordarua de nocello; o mariñán xa adestrou con normalidade toda a semana. A última sesión antes da cita está prevista para esta tarde, ás 19.00 horas.
Convocatoria Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 11. Chano, 12. Petry, 13. Álex, 17. Carlitos, 18. Jorge Bellvert, 20. Chino, 23. Antoñito, 30.Hélder
Jaén Paraíso Interior FS (provisional): Dani Cabezón, Chema Mella, José López, Boyis, Murga, Carlos Muñoz, Víctor Montes, Dani Martín, Eloy Rojas, Emilio Buendía, Jordi Campoy, Solano.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
