A Deputación, Concello e tecido asociativo, suman os seus esforzos e convidan á cidadanía a sumarse á Quedada pola Igualdade reivindicativa para conmemorar o Día Internacional da Muller, o vindeiro 8 de marzo, ás 19.00 horas diante da Praza de San Marcos.
A Deputada de Ensino, Educación, Economía do Coñecemento, Igualdade e Mocidade, María Loureiro, acompañada pola Concelleira de Igualdade de Lugo, Ana Abelleira, e as representantes de FADEMUR, Patricia Roca e Sofia Arias, da asociación de Empresarias, Patricia Varela, das Autónomas de Lugo, Marta López e da Federación de Veciños, Fernando Rois e Jose M. Carballo, anunciou este venres que están convidando a tódolos colectivos da provincia para que se sumen a este encontro.
“Animamos a todos os veciños para que o dia 8, ás 19:00 horas, diante do Pazo de San Marcos, participen nesta xornada reivindicativa. O que queremos é sumar esforzos para reclamar a igualdade de oportunidade entre homes e mulleres”, dixo Loureiro.
Ademais, a Deputada avanzou algunha das actividades que haberá nese encontro “lerase un manifesto, amosaremos varios vídeos para poñer en valor o importante valor das mulleres, e colocaremos varios paneis na Praza de San Marcos para que a xente nos deixe a súa frase pola igualdade”, pero anuncia que haberá mais sorpresas.
María Loureiro subliñou que é moi necesario conmemorar esta data “os datos falan por si mesmos, hoxe as mulleres temos que traballar 79 días máis ao ano para recibir as mesmas retribucións que os homes, e na nosa Comunidade o 50% das mulleres activas están por debaixo do umbral da pobreza”, resumiu.
Por iso insistiu no chamamento á participación “o día 8 é un día de celebración e de reivindicación e unha data para seguir loitando polos dereitos das mulleres. Por todo iso, esperamos contar con todos vós o vindeiro martes ás 19:00 horas da tarde na Quedada pola Igualdade de Xénero”, concluíu.
Pola súa parte a Concelleira de Igualdade en Lugo, Ana González Abelleira anunciou que o Concello de Lugo “organiza un Concerto Solidario ProRefuxiados, no Auditorio Gustavo Freire ás 21:00 horas”. As entradas poden retirarse en www.ticketea.com, o recadado ira destinado integramente a Medicos sin Fronteras.



















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



