Lugo, 2 de marzo de 2016.- A candidata á presidencia provincial do Partido Popular de Lugo Elena Candia segue achegando o seu proxecto ás distintas comarcas lucenses e, nesta ocasión, mantivo unha reunión con compromisarios de Chantada e da Terra de Lemos.
O obxectivo é afondar nas liñas mestras do seu programa e recoller novas achegas ante as persoas que terán a responsabilidade de elixir ao equipo que liderará aos populares lucenses en substitución do actual presidente José Manuel Barreiro.
Comarca de Lemos
A candidatura que encabezan Elena Candia e Ramón Carballo deu a coñecer que contan co aval do 80% dos compromisarios electos na Comarca de Lemos. En concreto, Candia acadou o respaldo de 75 compromisarios, dun total de 94.
A ex presidenta da Deputación suma o aval dos 36 compromisarios de Monforte, 17 de O Saviñao, 14 de Quiroga, 4 de Pantón, dous máis en Folgoso do Caurel e dous en Ribas de Sil.
Chantada
No caso da Comarca de Chantada, Candia conta co aval de máis da metade dos compromisarios, 23 dos 42 electos. Repartidos en 9 de Chantada, 4 de Monterroso, 4 de Taboada e 6 de Palas de Rei.
Candia tamén explicou a importancia de contar cun proxecto aberto e máis participativo no que gañen peso as comarcas lucenses, con reunións periódicas coa militancia, maiores foros para render contas da acción de goberno e novas estruturas comarcais elixidas directamente polos afiliados.