Ribadeo, 2 de marzo 2016. O Concello contratará a tres informadores/as turístic@s para a praia das Catedrais e a tres operarios de medio ambiente que se ocuparán de limpar os aseos do areal e de cobrar pola súa utilización. Comezarán a traballar a vindeira Semana Santa.
A concelleira de Turismo, Ana Martínez, sinalou que “o Concello de Ribadeo, dentro do plan de reforzo de persoal vinculado a actividades turísticas e ambientais e tamén como temos aí a Semana Santa xa á porta, acabamos de convocar unha serie de prazas para atender fundamentalmente á praia das Catedrais tanto na información turística así como na atención, uso e limpeza dos baños do areal. Polo tanto está aberta a convocatoria para tres operarios ou operarias para o servizo de limpeza de baños e cobro de prezo público na praia das Catedrais. Así como tamén dentro do que é a información turística tres informadores/as, que estarían durante a Semana Santa reforzando ese punto no areal, e logo xa iniciaríamos o tempo de información na propia praia nas fins de semana para no verano estas tres persoas estar a tempo completo atendendo a toda esa xente que se achega ás Catedrais.” A edil nacionalista engadiu que “está aberta a convocatoria para a presentación das solicitudes ata o día 8 de marzo no Rexistro do Concello e as probas de selección serán os días 14 e 15 de marzo”. As bases desta convocatoria de emprego atópanse colgadas na web www.ribadeo.gal.
Ana Martínez dixo que “entendemos que esta necesidade de reforzo é importante porque xa hai un tempo que estamos recibindo na Oficina de Turismo tanto a nivel de chamadas telefónicas como na páxina web bastantes peticións de información para esta Semana Santa. Entendemos que de novo Ribadeo estará cheo de xente e nosoutros queremos estar á altura que se merecen os nosos visitantes para que leven unha boa imaxe e para que cada ano sexa máis a xente que nos visite e fale ben de Ribadeo polo mundo adiante”.
O punto de atención turística da praia das Catedrais estará aberto durante a Semana Santa do 19 ao 27 de marzo. Despois abrirá as fins de semana ata que chegue a tempada estival, que será cando funcionará a diario. No caso dos baños do coñecido areal estarán abertos e haberá que pagar polo seu uso do 19 de marzo ao 19 de setembro.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



