Foz, 18 de marzo de 2016.- O Grupo Municipal de “Foz, Plataforma de Futuro”, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Foz é un concello que non escapa a alta taxa de paro existente, principalmente entre os xoves. As cifras falan por si soas cando dicimos que preto de 600 veciños do noso concello non dispoñen dun posto de traballo, a día de hoxe. O combater esta lacra social sempre foi un dos pilares básicos de “Foz, Plataforma de Futuro”. Creemos que unha das maneiras para loitar por crear emprego é fomentar a creación de novas empresas que poidan dar cabida os desempregados existentes.
O proxecto de crear un viveiro de empresas e unha alternativa idónea para emprendedores e empresas que comezan a súa aventura empresarial. Trátase dunha estrutura de acollida e apoio óptima para o nacemento, arranque e consolidación de novos proxectos empresariais, en definitiva axudará a todos aqueles emprendedores que queiran formar unha empresa que ademais de servicios, de infraestrutura e loxística, debe recibir formación, tutorización e asesoramento especializado segundo as necesidades propias de cada proxecto.
Sabemos, ademais que a Consellería de Economía, Emprego e Industria financia este tipo de proxectos cubrindo unha boa parte dos gastos da súa creación, así como a Unión Europea a través de Fondos FEDER, ou outros organismos oficiais,polo que creemos que este concello non debe deixar pasar esta oportunidade.
Esperemos dende FPF que o Alcalde de Foz faga a as xestións oportunas coa maior brevidade de tempo posible, xa que hai unha axuda da Consellería de Economía, emprego e industria para os Concellos, e a data límite para solicitar estas axudas remata o vindeiro 4 de Abril.
Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:
– Instar ó Concello de Foz e ó seu equipo de goberno a facer os trámites e xestións necesarias para crear e poñer en marcha un viveiro de empresas no polígono industrial de Foz.