Foz, 18 de marzo de 2016.- O colexio Martínez Otero de Foz continúa co seu plan de inmersión lingüística por 7º ano consecutivo; nesta ocasión un grupo de alumnos e alumnas, acompañados de dúas profesoras desprazaranse ao Reino Unido entre os días 21 e 30 de marzo.
O destino elixido nesta ocasión é o Fersham Heights School, en Surrey, neste colexio-residencia de primeiro nivel, o noso alumnado terá unha inmersión lingüística real, xa que manterán contacto constante coa lingua inglesa.
O alumnado participante convivirá durante 10 días con rapaces e rapazas de diferentes nacionalidades, todos e todas aloxados na mesma residencia, polo que será imprescindible a comunicación en inglés, pois non só compartirán as clases polas mañás, senón tamén as actividades polas tardes/noites, as horas das comidas e as visitas culturais que farán en días concretos: día 24, medio día en Guilford; Día 26, día completo en Londres; Día 28, día completo en Thorpe Park.
Desexamos que a súa estadía resulte proveitosa, non só a nivel lingüístico, senón tamén polos lazos de amizade que sen dúbida se crearán.