Cervo, 16 de marzo de 2016. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, destaca o bo camiño polo que vai o Concello no aspecto económico, como demostran os datos da liquidación do presuposto municipal de 2015, que xa foi aprobada.
O rexedor municipal explicou que “no Concello de Cervo xa temos aprobada a liquidación do presuposto do exercicio de 2015, documentación que presentamos en tempo, igual que xa fixemos no seu momento cos presupostos para este ano 2016, que foron aprobados antes de que comezase o ano no que estamos. E temos que salientar o bo camiño económico que estamos a levar no Concello de Cervo. Dígoo eu pero tamén o din as cifras, xa que, por unha parte, temos o remanente de tesourería para gastos xerais, que este ano é positivo en 1.970.000 euros e hai que salientar que o ano pasado tamén era positivo en 1.505.000 euros, polo que houbo un incremento neste apartado de 465.000 euros. Tamén temos outro punto, que é o resultado orzamentario axustado, onde tamén é positivo en 945.000 euros, cando o ano pasado era de 581.000 euros. E ademais a estabilidade orzamentaria tamén é positiva, neste caso en 752.000, cando o ano pasado era 668.000 euros”.
Alfonso Villares engade que “incluso podemos dar unha visión moito máis xeral á hora de ver realmente cal é o traballo económico que estamos a desenvolver nestes anos, porque se facemos unha valoración con respecto ao 2008 vemos que ese ano o remanente de tesourería para gastos xerais era negativo en 1.677.000 euros e agora é positivo en 1.970.000 euros, o resultado orzamentario era negativo en 648.000 euros e na actualidade é positivo en 945.000 euros e a estabilidade orzamentaria era negativa en 1.471.000 euros e neste ano é positiva en 752.000 euros”.
Ademais o alcalde de Cervo salienta: “eu creo que estamos facendo o mesmo que as familias nas nosas casas, que é ter as contas ao día; e polo tanto podemos pensar en retos maiores á hora de facer unha serie de obras e prestar servizos públicos no concello de Cervo, que é o que estamos facendo e así vamos seguir.”






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



