Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2016.- Pleno.- A proposición non de lei defendida polo deputado do BNG, Daniel Rodas para destinar 18M€ que estaban vinculados á acuicultura intensiva sexan destinados a axudas pra o sector do marisqueo, miticultura ou pesca artesanal, acadou o apoio unánime da Cámara galega.
O parlamentario do BNG lembrou que o proxecto da lei de acuicultura do Partido Popular finalmente paralizado pola mobilización social, era un clamor da cidadanía que demandaba “un cambio da política” para o sector do mar, un sector que crea moita riqueza e actividade no noso país. A lei de acuicultura do Goberno galego propuña un “modelo intensivo” con prevaleza de capital que para o deputado responde “ao ADN da Unión europea neoliberal ” e que o Partido popular comparte. Na súa intervención, Rodas estendeu a crise da pesca galega ao agro, ao pequeno comercio e ao sector naval, afectados polas “políticas erráticas” do Partido popular.
O nacionalista asegurou que moitos millóns de euros dos fondos da Unión europea van destinados a acuicultura cando, na súa opinión, deberían ser destinados a “axudas para as paradas das mariscadoras a pe ou para inversións que reduzan o impacto na calidade da auga”.
O deputado, tras criticar as directrices da Unión europea para o sector pesqueiro galego mentres pola contra non dúbida e impulsar a acuicultura reclamou que os 18 M€ destinados para levar a práctica os requisitos impostos por Bruxelas para esta actividade foran destinados a axudas para o sector do marisqueo, miticultura e pesca artesanal.
Pola súa parte, o portavoz popular, José Manuel Balseiro anunciou o voto favorable á proposición non de lei defendida polo deputado nacionalista que tamén acadou o apoio da totalidade da Cámara.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



