A partir deste sábado 19 de marzo reabren as dependencias do Castelo de Castro de Ouro en horario de mañás de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas, polas tardes.
As instalacións permanecerán abertas durante toda a Semana Santa e todos os fins de semana ata o mes de xullo no que volverá a abrir de luns a domingo.
Nas instalacións do Castelo estará aberta a Oficina de Información Turística, no horario anteriormente indicado, e poderase visitar unha exposición sobre materiais recollidos das antigas escolas unitarias de Alfoz, na planta baixa, unha exposición de obras do artista local Hipólito Xeada, na segunda primeira, e a Sala Museo das Zocas, coa colección de calzado tradicional de madeira de Alberto Geada, na planta segunda.
Ademais permanecerá aberto o mirador da azotea do Castelo, desde o que se poden observar unhas fermosas vistas do val.