Cervo, 17 de marzo de 2016. O vindeiro luns, día 21, ábrese o prazo para inscribirse nos actos do XXXIII Día do Xubilado, que se desenvolverán o 1 de maio, e tamén nos campionatos de tute e de parchís, que se organizan con motivo desta celebración e que se levarán a cabo en abril.
A concelleira de Servizos Sociais, Pilar Armada, anunciou que “para apuntarse nos campionatos de tute e de parchís, nos que poden participar os xubilados censados no concello de Cervo, hai que facelo na Casa do Mar, de San Ciprián; o prazo comeza este vindeiro luns e remata o día 30 deste mes de marzo. As partidas destes campionatos, que son actividades complementarias ás do Día do Xubilado, xogaranse en abril”.
E sobre a inscrición para as actividades do Día do Xubilado, que se desenvolverán o 1 de maio, o alcalde cervense, Alfonso Villares, fixo público este xoves un bando no que explica que “os requisitos para poder participar nesta celebración son ser pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez ou viuvez, valerse por si mesmo e estar empadroado no Concello de Cervo. Os lugares de inscrición son a Casa do Concello de Cervo e a Casa do Mar, en San Cibrao, e o prazo é do 21 de marzo ao 20 de abril”.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



