O alcalde, Alfredo Llano, ofreceu unha recepción aos 27 estudantes franceses que se atopan de intercambios estes días en Burela. O rexedor deulles a benvida ao concello e fíxolles entrega duns agasallos como recordo do seu paso por Burela. Os 27 rapaces e rapazas galos participan no XI Intercambio de francés do IES Perdouro de Burela. Son alumnos de terceiro curso de ESO procedentes do Collège Jean Monnet de Janzé e chegaban a Burela a pasada semana. Na súa estancia visitaron Santiago, Coruña e Lugo ademais de lugares da Mariña como a praia das Catedrais, Sargadelos ou o Museo do Mar en San Cibrao.
