Lugo, 30 de marzo de 2016.- O Presidente convocou este mércores unha Xunta de Goberno Extraordinaria para salvar actuacións por valor de 757.342 euros para os veciños de 7 Concellos. Trátanse de municipios que tiñan que ter finalizadas obras antes do 31 de marzo, pero que non puideron facelo ao non contar co orzamento correspondente da Deputación para 2016. Campos Conde quixo alertar aos Alcaldes desta situación para que solicitasen de xeito urxente e formalmente unha prórroga para a realización destes traballos. Así o fixeron polo que, finalmente, estas foron aprobadas na sesión extraordinaria de hoxe.
Isto permitirá executar as seguintes actuacións:
– Reforma do tanatorio en Paradela, dotadas de 106.436 euros da Deputación.
– Mellora de servizos públicos municipais imprescindibles en Baleira (saneamentos, camiños…), dotadas de 36.496 euros da Deputación.
– Sinalización de núcleos rurais; reparación de humidades no centro sociocultural; dotación dunha aula de novas tecnoloxías; mellora do punto de atención á infancia e do campos de fútbol; e ampliación do saneamento e construción dunha depuradora en Telleiros e Vilamaoior (na parroquia de Refoxo). Todas en Sober. O orzamento é de 129.899 euros.
– Instalación de pistas de pádel dentro do recinto deportivo do campo de fútbol. En Cervo, con 68.235 euros provinciais.
– Mellora do camiño da rúa Chao Falcón a Campo da Feira, arranxo de beirarrúas, e acondicionamento do saneamento de augas residuais no núcleo rural de Palmelle; en Pantón, con 57.511 euros.
O conxunto das citadas actuacións non tiñan consignación orzamentaria comprometida. Con todo, tendo en conta a previsión da súa execución por parte de veciños e Alcaldes, o Presidente quixo respectalas e incluílas no Orzamento da Deputación para 2016, que se aprobou onte, así como alertar aos Rexedores da pérdida deste orzamento, no caso de non pedir a imprescindible por lei prórroga para poder realizar destes traballos. Este orzamento inclúese na partida de 7 millóns de euros que incluíu o Presidente no Presuposto para actuacións nos 67 Concellos da provincia luguesa.
Tamén se salvaron estes traballos, que, neste caso, si estaban comprometidos orzamentariamente, pero estaban pendentes da aprobación do Presuposto para 2016:
– Rehabilitación do inmoble anexo á residencia da terceira idade e centro de día públicos para a construción do Fogar Residencial. Monterroso. A achega total que fai a Deputación para estas obras é de 250.000 euros.
– Obras de pavimentación e dotación de servizos complementarios (bancos, papeleiras..) no campo da festa de Parga, en Guitiriz. O presuposto é de 42.000 euros.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



