Santiago, 16 de marzo de 2016.- O Parlamento de Galicia aprobou este mércores a proposición non de lei do Grupo Popular, á que se sumaron emendas do PSOE e do BNG, a través da que se demanda á Alcaldía de Madrid o mantemento da rúa en memoria de Álvaro Cunqueiro no rueiro desta cidade. Así mesmo, insta ás institucións e entidades culturais de Galicia a honrar publicamente o traballo desenvolvido por Álvaro Cunqueiro, ao tempo que solicita ao Consello da Cultura Galega elaborar un informe sobre a relevancia literaria deste escritor e a súa contribución á defensa e difusión da lingua e cultura galegas.
O portavoz de Cultura do Grupo Popular, Agustín Baamonde, considerou a Álvaro Cunqueiro como “un grande da cultura de Galicia e de España, un home dunha obra tan grande, complexa e extraordinaria que sería mellor pintalo que explicalo, porque faría falta un dicionario enteiro e aínda non chegaría”.
Baamonde lembrou que o feito de retirar a rúa Álvaro Cunqueiro de Madrid “aínda non está consumado, porque o propio Concello xa rompeu a súa relación coa cátedra da Universidade Complutense que elaborou o informe” que relaciona ao escrito co franquismo.
“Sería un acto de intolerancia, revanchismo e cinismo intolerable, propio de listas negras e censura ideolóxica impropia da sociedade actual”, sinalou o portavoz popular. Por este motivo, reclamou “respecto para Cunqueiro e para Galicia”, para o que “invoco a propia Lei de Memoria Histórica que defende o espírito de respecto e non confrontación”.
Decisión sen fundamento
Baamonde sinalou que a decisión de retirar a rúa a Álvaro Cunqueiro “carece de fundamento porque basta con revisar a súa biografía para ver que non tivo participación activa na represión franquista e tamén porque o recoñecemento outorgado a Cunqueiro e outras persoas incluídas nese listado non foi pola súa afiliación franquista, senón polo valor inmenso da súa obra”.
“A opinión pública outorgoulle o seu recoñecemento e o levou a categoría de referente da cultura de Galicia e España e colocouno na historia”, lembrou o portavoz popular, quen fixo referencia á “gran cantidade de rueiros e prazas que levan o seu nome, entre eles o novo hospital público de Vigo”.
Deste xeito, apuntou que “quen é capaz de concitar tal unanimidade e impacto na conciencia colectiva desta terra non pode ser denostado como franquista”, ao tempo que salientou o seu papel galeguista e o dominio extraordinario tanto da lingua galega como da castelá”.



















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



