Viveiro, 3 de marzop de 2016.- Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Sra. Alcaldesa da Corporación, as seguintes PREGUNTAS sobre as que desexa obter no próximo Pleno a correspondiente resposta, ben sexa oral ou por escrito.
No Pleno do dia 7 de outubro de 2015 este grupo municipal presentou unha moción para o seu debate, sobre o saneamento do Pontigo, Hermosende e Parrraguesa en Galdo e a mellora do saneamento noutras parroquias do Concello.
Durante o debate desta moción o Concelleiro –Delegado de Obras chegou a dicir (segundo consta en acta) “nun entender como dos 24 pozos de bombeo, Viaqua ( empresa concesionaria de auga e saneamento) solo paga hoxe a enerxia a 5 deles, polo que carece de fundamento, o que hai algo de confusión”. Sinalaba así mesmo o Sr. Concelleiro de obras, que estaban esperando para que o xefe de zona de Viaqua viñese a falar sobre varios temas importantes para o Concello e que tiñan que ver coa xestion da Empresa Viaqua últimamente.
Por todo isto lle PREGUNTAMOS á Sra. Alcaldesa:
1- Trancurridos cinco meses, mantiveron algunha reunión co Xefe de Viaqua para esclarecer quen ten que pagar as facturas do consumo eléctrico dos pozos de bombeo do saneamento?
2 – Por que motivo ata o día de hoxe, dos 24 pozos de bombeo, Viaqua só paga o consumo eléctrico de 5 pozos e o resto os paga o Concello?
3 – Tenlle encargado o equipo de goberno algún tipo de actuación a curto plazo a Empresa Viaqua na procura de mellorar a canalización de abastecemento de auga no noso Concello?




















A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



