A AVV O Tesón enfronta o sábado 12 de marzo unha xuntanza crucial para o seu futuro. A pesar dos avisos e esforzo da actual dirección, non hai recambio, polo que, de non haber sorpresas de última hora, a asociación vese abocada a unha suspensión de actividades de xeito definitivo.
Tentarase conservar a posibilidade de que no futuro alguén poda reavivar O Tesón, mais hai xa previsto un desmantelamento ordenado, ó tempo que a asociación non puxo en marcha novos planes dende as últimas actividades a mediados do ano pasado.
A directiva continúa a pensar que “O Tesón cumpriu unha función importante en Ribadeo dende o seu nacemento ata a actualidade, mais tamén que toda sociedade necesita renovarse para non irse separando das persoas que representa e defende e converterse en algo vertical. E estimamos que o ciclo correspondente a actual directiva xa hai tempo que cumpriu. Defendemos que a asociación é de todos, de toda a sociedade, non só dos asociados, e a todos incumbe a participación, incluída a xestión dos bens comúns, mesmo inmateriais, como é o caso. Por iso, unha vez máis, poñemos a O Tesón ó servicio da sociedade, de Ribadeo”.
Convocatoria
Os socios e socias de O Tesón están convocados no salón de actos da Casa do Mar o sábado 12 de marzo comezando ás 20.00 horas en segunda convocatoria (ás 19.30 en primeira convocatoria, que é previsible que non se fará por falta de quorum) coa asemblea ordinaria e continuando sen corte coas sucesivas asembleas extraordinarias.
I.Asemblea ordinaria:
1.Lectura e aprobación se procede, da acta anterior
2.Presentación, e aprobación se procede, de contas e memoria de actividades
Un vez votado, suspenderase a asemblea pasando á seguinte
II.Asemblea extraordinaria:
Presentación de candidaturas e elección se procede de nova directiva
III.En caso de presentarse e ser elixida unha nova directiva na asemblea extraordinaria, retomarase a asemblea ordinaria; en caso contrario, realizarase unha asemblea extraordinaria para a suspensión de actividades.
III.a.Continuación da asemblea ordinaria cos seguintes puntos:
3.Proposta de programa e orzamento e aprobación, se procede
4.Rogos e preguntas
III.b.Asemblea extraordinaria
Punto único: Organización da suspensión de actividades.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



