O Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro recibe este domingo 20 de marzo a partir das 18.30 horas ao grupo de teatro Faro-Miño porá en escena a obra Os Trillizos da Socorro. Trátase dunha comedia costumista para todos os públicos que narra a historia de Socorro que vive cos seus trillizos, tres nenos en corpo de home. A historia pega un xiro cando decide contratar unha asistenta. A representación organizada pola Concellería de Cultura de Barreiros e da Oficina de Información Xuvenil, terá lugar a partir das seis e media da tarde no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
‘Os trillizos da Socorro’, en Barreiros