Os usuarios que participan no taller de teatro que se desenvolve na Asociación de Axuda ó Enfermo A Mariña ofrecerán unha nova actuación o xoves 24 de marzo no salón de plenos do Concello de Cervo a partir das 19.00 horas. A obra que interpretarán é “O caso de Sabela” que está a ter moi boa acollida -por exemplo na actuación deste domingo 20 de marzo no Centro Cívico de Cangas de Foz- e cuxa temática principal versa sobre o que supón padecer unha enfermidade mental. Esta obra é unha potente ferramenta para concienciar e pensar sobre o trato que podemos darlle ás persoas cunha enfermidade mental e o que supón facer fronte ao estigma. Aproveitarase a ocasión para dar os premios aos gañadores do concurso “Un orixinal por amor”.






















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.



