PACAMA é unha exploración de xogos entre dous amigos que antes de durmir descobren un mundo de aventuras que lles distrae do sono. A súa predisposición e inxenuidade lévaos a atopar diversión no máis sinxelo, en todo o que lles rodea, no marco dun ambente tan acolledor coma un dormitorio. Un xogo leva a outro, dende unha pelota ata unhas almofadas que fan de ás para voar, pasando polas sabas axitándose no aire, a toalla enrolándose y desenrolándose, a luz apagándose e acendéndose, e uns pequenos monicreques en forma de ollos que se bican.
Un espectáculo non verbal que se desenvolve coma se fora unha coreografía de danza seguindo o fío dunha banda de son orixinal en función do movemento e das emocións das personaxes. O uso de instrumentos de vento e a gaita irlandesa axudan a que a obra manteña un clima acolledor e de soño, donde a fantasía e a imaxinación son as claves para a acción.
Kevin Stewart e Estíbaliz Veiga porán enriba do escenario do Teatro Pastor Díaz de Viveiro o sábado 9 de abril este espectáculo xestual con música de Manuel Conde, dirixido especialmente a nenos e nenas de 1 a 5 anos, a partir das 18.00 horas.