O Valadouro, 21 de abril de 2016.- Na véspera do Día do Libro, a biblioteca pública municipal de O Valadouro organiza dúas actividades; un obradoiro de teatro de sombras sobre a obra de Castelao orientado para nenos e nenas de 10 a 12 anos e o espectáculo de títeres Titeremusicontos. para todos os públicos. O obradoiro será nas instalacións da propia biblioteca a partires das 12:30 horas cun obradoiro de teatro de sombras sobre a obra de Castelao. A outra das actividades que se plantexa desde a concellaría que lidera o edil nacionalista Eduardo Chao é unha actuación con títeres e música da man do grupo A xanela de Maxín ás 11:30 horas no salón de actos da casa da cultura do concello de O Valadouro, pero esta vez para todos os públicos.
