A Confederación ANPAS GALEGAS apoia ás mobilizacións estudantis que se han celebrar durante esta semana, ao compartir con elas o rexeitamento á LOMCE e ao Decreto 3+2, así como á política de recortes dos gobernos español e galego en todos os niveis do Ensino Público
Esta Confederación traballa sistematicamente na defensa dun modelo de Ensino no que toda a xuventude teña acceso completo e gratuíto a todos os niveis do mesmo, recibindo as axudas públicas que precise para que non haxa ningunha característica individual que poida discriminar a ningún dos nosos mozos e mozas no logro dunha formación galega e de calidade.
Por iso, valoramos como moi positivo a implicación do estudantado na reclamación dos dereitos de todos e todas, e facemos tamén un chamamento á sociedade para que considere a mellora do Ensino Público como un obxectivo prioritario para todos e todas.