15 de abril de 2016.- Unha das liñas de traballo máis permanentes desta Confederación é a defensa da gratuidade total do Ensino Público Galego, e a meirande visualización de ata que punto estamos cada vez máis lonxe desta gratuidade é o despropósito de gasto no que se meteu, e nos meteu ás familias, o actual goberno da Xunta de Galicia e a súa errónea política de xestión das axudas públicas para a adquisición de libros de texto.
Antes do actual sistema en Galicia existía unha fórmula, que sempre defendemos, de gratuidade total dos libros de texto, libros que a Administración educativa poñía a disposición do alumnado durante o curso escolar, e que logo eran reutilizados durante toda a súa vixencia; con este procedemento conseguíanse tres efectos nunha soa actuación: propiciar a gratuidade do ensino que é unha orde da nosa Constitución, favorecer entre o alumnado unha cultura de consumo responsable e de reciclaxe dos bens, así como valorar o uso común dos bens que son de todos, e tamén, que non é pouco importante, facíase un uso racional dos recursos públicos, producindo un aforro que sempre é necesario cando falamos do diñeiro de toda a cidadanía.
O sistema que agora rexe provoca un enorme gasto por parte dos presupostos públicos, que se desangran en axudas adicadas á compra dun material que, se ben sería duradeiro no caso de ser propiedade do grupo porque iría cambiando de usuario, convértese en absolutamente efémero cando o propietario é o individuo que só o vai utilizar durante un curso escolar; instaura a cultura do gasto innecesario entre a xuventude e asfixia ás familias sobrecargándoas de custos que non precisan e que non teñen utilidade real fóra do seu uso puntual no curso académico no que lles tocou pagalo e utilizalo.
Pero aínda iso non é o peor, nestes últimos anos, e malia permanente chamada de atención que fixemos dende a Confederación ANPAS GALEGAS, a consellería de educación da Xunta de Galicia ven de autorizar un cambio absoluto de libros de texto, abeirado pola posta en marcha dos novos curricula que son consecuencia da entrada en vigor da LOMCE, unha lei que cómpre lembrar que ten unha amplísima contestación social e unha permanente ameaza de derrogación.
Como consecuencia disto, son centos de miles os libros de texto que fican tirados e inútiles nunha morea de almacéns, de depósitos, de casas familiares; son ducias de millóns as páxinas impresas ás que non se lles quixo dar utilidade, simplemente para provocar un movemento de mercado coa compra de novos libros e novas impresións. Non é que os libros non teñan valor, non é que conteñan conceptos equivocados ou superados, non é que o seu estado de uso aconselle o seu cambio. Sinxelamente, é necesario desautorizalos para que se poidan vender uns novos, para que as familias deste pais teñan que afrontar un gasto que non serve a ninguén máis que a aqueles que fan negocio da necesidade das xentes, e aos que protexen ese comercio.
Nesta Confederación pensamos que é necesario denunciar constantemente o que está a pasar, que non é ben deixar no esquecemento os erros que se cometen, porque así repetiranse dun xeito estéril; por iso imos facer outra campaña de visualización, desta volta dirixida ao Congreso dos Deputados, porque ao Parlamento galego xa nos diriximos hai un ano reclamando que os libros de texto continuaran en vigor, para continuar denunciando o que sempre dixemos: Gratuidade do ensino público, gratuidade de todos os materiais didácticos necesarios, e reciclaxe permanente dos materiais existentes.
E ímolo facer dun xeito amable, porque cremos que as opinións hai que manifestalas con amabilidade, imos agasallar a cada Deputado cun libro de texto, para que palpe nas súas propias mans o valor real que ten aquilo que unha errónea política obriga a rexeitar por inaplicábel, queremos que valore se ese libro que lle damos podería ser utilizado ou non por outro estudante, e a partir de aí, que traballe en consecuencia.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



