Lugo, 12 de abril do 2016.- O Delegado de Cultura da Deputación de Lugo, Xosé Ferreiro, presentou a terceira edición do Lingua Viva, un proxecto da Área de Cultura da Deputación de Lugo. Xunto a el estivo tamén Paloma Lugilde, coordinadora do proxecto e directora do grupo de teatro lucense Palimoco Teatro, así como algúns e algunhas das integrantes do mesmo.
O proxecto Lingua Viva contempla obradoiros de teatro e danza, e é, tal e como expresou Ferreiro “un proxecto aberto, anovador e flexible co que queremos contribuír neste Ano Manuel María ao coñecemento e difusión das diferentes facetas que desenvolveu o escritor chairego, quen é coñecido pola súa dimensión de poeta, mais que tamén explorou outras facetas como a dramaturxia” dixo.
Neste sentido, desde a Área de Cultura da Deputación informaron que o prazo de inscrición ábrese o xoves 14 de abril e rematará o xoves 21 de abril, incluído. As persoas que desexen participar poden informarse das datas e horarios na Área de Cultura da Deputación de Lugo e deberán inscribirse no rexistro da Deputación, cubrindo o formulario que estará a disposición do público na web v1deputacionlugo.gal, chamando ao 982-260-180 ou no e-mail ana.culturaedeporte@deputacionlugo.org. Haberá obradoiros de teatro e danza para todas as idades, para nenas e nenos desde os 8 anos e para público adulto de todas as idades, comezando o 25 de abril que se prolongarán durante o mes de maio, ata o 17 de maio. Así mesmo, destaca tamén o feito de que haberá un grupo de traballo específico co grupo de teatro amador Down Lugo.
A representación da peza final que xurda dos obradoiros de Lingua Viva terá lugar o 17 de maio, Día das Letras Galegas, a partir das 21.00 horas en diferentes puntos do casco antigo de Lugo. Así mesmo, desde a Área de Cultura non descartan que esta peza final poida moverse a outros puntos da provincia de Lugo “habida conta da calidade e bo facer coa que conta o proxecto Lingua Viva, proba disto é o éxito das edicións pasadas, que este ano agardamos siga a medrar en número de participantes e tamén, xa que logo, en representacións”, dixo Ferreiro.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



