Lugo, 14 de abril de 2016.- A Xunta Directiva de Novas Xeracións (NNXX) da provincia de Lugo acordou na tarde deste xoves celebrar o seu VIII Congreso Extraordinario Provincial o vindeiro 14 de maio. O actual presidente, Daniel Vega, anunciou que deixará o seu cargo para centrarse no seu labor como secretario de organización do PP lucense.
Daniel Vega destaca a importancia de “optar pola renovación da organización para que se manteña viva e fiel aos principios que lle son propios”. Nos vindeiros días daranse a coñecer as datas que rexerán para o congreso e os membros que formarán o comité organizador.
O presidente saínte anima aos seus compañeiros mozos e mozas a implicarse co partido para “entre todos” seguir tecendo un proxecto de futuro para a nosa provincia. Daniel Vega agradece o apoio dos seus compañeiros e compañeiras á fronte da organización e amosa a súa colaboración con Novas Xeracións “de aquí en diante”
A Xunta Directiva reuniuse este xoves en Lugo onde decidiu que o congreso provincial se fará en Monforte de Lemos, como un modo de evidenciar “que o partido ten presencia en todas as comarcas”. No congreso participarán un total de 263 afiliados de NNXX.