Lugo, 21 de abril de 2016.- A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, acompañada polo presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, presentou este xoves no Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) As Mercedes, en Lugo, a segunda edición da campaña Comercio con talento, unha iniciativa coa que a Consellería de Economía, Emprego e Industria impulsa a innovación e o emprendemento no eido comercial entre a mocidade galega, con especial atención ao alumnado que recibe formación profesional específica sobre este sector.
Na campaña poden participar os alumnos e alumnas dos 26 centros galegos que imparten os ciclos de grao medio de Actividades comerciais e de grao superior de Xestión de vendas e espazos comerciais. Así, preto de 800 estudantes teñen a posibilidade de formar parte desta iniciativa. Na provincia de Lugo, ademais do alumnado do CIFP As Mercedes, poden participar os xoves do IES de Foz. No resto de provincias, 11 centros pertencen a Pontevedra e outros tantos á provincia da Coruña, mentres que Ourense tamén conta con dous colexios.
A directora xeral de Comercio explicou aos alumnos e alumnas que o concurso celebrarase durante os meses de abril e maio. A iniciativa consiste en que os estudantes avaliarán o comercio da súa comarca para finalmente seleccionar un negocio. Estas tarefas de busca do local con talento realizaranse baixo a supervisión e control do centro educativo.
A continuación, os participantes elaborarán un proxecto sobre o comercio elixido, para o que deberán contar coa autorización do propio establecemento. Aínda que o concurso é individual, dous ou máis alumnos si poden escoller o mesmo comercio, repartíndose o premio entre eles de resultar o negocio gañador. Os proxectos teranse que enviarse antes do 15 de maio.
Un xurado especializado, formado por técnicos da Xunta e expertos en materia de comercio, será o encargado de escoller aos 14 comercios con máis talento de entre os propostos, ao tempo que fará unha preselección doutros 20 proxectos que se publicarán no Facebook do Portal do Comerciante para que un dos 15 premios sexa decidido polo número de me gustas que reciba.
O fallo do xurado está previsto que se emita durante a primeira semana de xuño e a lista cos alumnos gañadores publicarase a continuación na web do Portal do Comerciante (http://portaldocomerciante.xunta.es/) e nas redes sociais que ten vinculadas (Facebook e Twitter). Os alumnos autores dos 15 proxectos gañadores recibirán un iPad mini como premio.
A campaña Comercio con talento forma parte das iniciativas coas que se apoia ao sector comercial, un dos principais eixos de actuación da Consellería de Economía, Emprego e Industria, que ten en marcha o Plan de Impulso ao Comercio de Galicia. Neste contexto, no que vai de ano puxéronse en marcha programas de axudas por preto de 6 millóns de euros para dinamizar centros comerciais abertos e prazas de abastos, mellorar a imaxe e modernizar os negocios, fomentar o relevo comercial, revitalizar o comercio de proximidade ou conceder bolsas de formación.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



