Burela, 28 de abril de 2016.- Academia A Mariña inicia a mediados de maio unha nova edición do curso de docencia da formación profesional para o emprego (antigo formador de formadores). Nesta ocasión será na modalidade de teleformación.
Nas últimas semanas as instalacións do centro en Burela acolleron a celebración do exame presencial para a obtención do certificado de docencia. Foron 41 os alumnos e alumnas participantes na pasada edición do curso que rematou con ditas probas. Desde Academia A Mariña explican que “fue un éxito. Creamos tres grupos, dos por la mañana y uno por la tarde”.
Para inscribirse na cuarta edición do curso de docencia da formación profesional para o emprego as persoas interesadas deben chamar ao seguinte número de teléfono: 982 58 50 98.