O ocio nubla a vista, a borracheira contínua fai que non miremos más aló.
Esto pasa en Viveiro temos a mirada cara os eventos. E non se está facendo nada sobre noso futuro, que son industria, artesanía, materia prima (Traballo e xerar “fortuna”).
Hai quen premia ou disculpa unha xestión que deixa que desexar. Moita política propagandística e números vermellos en crecemento. Vemos pouca man de ferro e algúns actúan a antoxo, fan e desfán. ¿Acaso un médico que comete unha neglixencia repetidas veces non se lle saca a licenza? O médico non val para operar, pero non o desacredita como bo pai ou amigo.
Obxetivo urxente: Un plan económico local.
Ideas e solución lévanse dado moitas pero sen facer nin puto caso porque a voz que as pronuncia non ven da “familia”.
Viveiro foi potencia, verxel de mercadorías e de xentes vidas de todo o mundo, que crearon riqueza.
José Barro fundaba en 1896 unha central eléctrica que cara a 1914 sería un poxante centro automovilístico. Tamén os famosos“Lienzos Vivero” para textil, feitos dende os romanos ata coller auxe coa importación do cultivo de lino/cáñamo no XVI e facer no XVIII envíos manofacturados por América ou Europa. Comercio de pipas de viño producido nas nosas parroquias ata o XVIII e xa documentado no XIII. Existían varios barrios artesáns-gremiales. Na pesca , conserveiras ata 20, criaderos de moluscos e ostras como as de Cándido Rebellón. Exportábase fai séculos “pescada” en salazón ós nórdicos, no XX anchoa a Italia e Levante, ou langosta de cetáreas a Francia. En 1893 a sociedade alemana”The Viveiro Iron One” comezaba a extraer ferro da silvarosa ata os anos 70. Existían tamén numerosos de fábriquines: refrescos de gaseosa, procesado de madeiras e mobles, cárnica, chocolates, curtidos, ladrillos e bens de consumo.
Tiña Viveiro grandes infraestruturas? O doado é ser victimista e votarlle a culpa ó alleo, balóns fora… ¡Temos que poñernos as pilas xa!
Dexeneración na política local, homes de palla. Na lista de Alcaldes ou rexedores: Pedro Pardo de Cela, Ramón Vilar Ponte, Balbino Cerdeiras, Valdés… ata un alemán… Todos con visión e aptitude.
Aquel que descoñece o seu pobo e a sua historia será incapaz de forxar o futuro.