San Cibrao, 16 de abril de 2016.- A Casa da Cultura de San Cibrao viviu este sábado un cheo absoluto debido á grande afluencia de público que se achegou á presentación de “El fiel reflejo de la nada”, primeira novela da escritora Patricia C. Beltrán, veciña da vila. O numeroso público tivo como consecuencia que parte do mesmo tivese que asistir ao acto de pé, por non haber asentos para todas as persoas presentes.
O acto, celebrado a partir das 6 da tarde, iniciouse coa proxección dun “booktrailer” de catro minutos destinado a transmitir de xeito audiovisual a atmósfera e as sensacións que produce a lectura da novela, e continuou coas intervencións do profesor Bernardo Penabade, condutor do evento; de Matías Nicieza, autor da portada do libro e do deseño visual; de Judith Méndez, quen leu un extracto do texto; e da propia autora, quen posteriormente se prestou a asinar exemplares da obra, postos á venda no propio local por parte da libraría sancibrense Cantigas, e que houbo que repoñer debido á grande demanda existente.
“El fiel reflejo de la nada”, baseado nun caso real, conta a historia de Valentina, unha moza salvadoreña que o ten todo: unha familia de clase media que a adora, representa o vértice máis sensato do triángulo formado xunto ás súas amigas Edita e Paola Andrea e compatibiliza un emprego nun bufete de avogados cos seus estudos na Facultade de Dereito. Durante o concerto que Alejandro Sanz ofrece no Salvador en 2006, Valentina coñece a Dani, o guitarrista da banda, e ambos inician un breve romance. Motivada pola incandescente paixón do músico por Europa, a moza decide trasladarse a Madrid para culminar alí a súa carreira. Pero, cando por medio dunha rede social Valentina coñece a Sébastien, un francés afincado en Barcelona, todo cambia. A través das páxinas de “El fiel reflejo de la nada” penetramos nunha espiral de destrución marcada pola soidade, o mundo da rúa e a violencia de xénero.
Máis información sobre o libro en https://www.facebook.com/El-fiel-reflejo-de-la-nada-468801459977375/























O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



